A compañía lírica Ópera 2001, coa colaboración do Coro Siciliano da Orquestra Sinfónica de Ópera 2001, traerá este xoves 30 ás 20:30 horas ao teatro Jofre, La Traviata, un dos clásicos inmortais de Giuseppe Verdi. Esta obra maestra da ópera realista está percorrendo os teatros de España, Francia e Portugal nunha extensa xira que recala agora en Ferrol.
A produción, de dúas horas e 50 minutos de duración (incluídos dous entreactos de 10 minutos), promete brindar ao público unha experiencia única onde se entrelazan a emoción, o amor e o sacrificio. Estreada por vez primeira en 1853, La Traviata é célebre pola súa música sublime e a súa trama que narra a historia de Violetta Valéry, unha cortesana parisina que loita por vivir un amor verdadeiro mentras enfronta os prexuizos da sociedade e a súa propia fraxilidade.
Esta nova produción conta cun elenco de renome internacional (con David Baños, Yeonjoo Park, Gabrielle Philiponet, e Paolo Ruggiero, entre outros) baixo a dirección musical de Martín Mazik. Haberá interpretacións inolvidables que cautivarán tanto aos apasionados da ópera como aos que se achegarán por primeira vez a este arte.
A compañía Ópera 2001 foi creada en España en 1991 por Marie-Ange e Luis Miguel Lainz como prolongación da compañía matriz en Paris. Actualmente producen espectáculos líricos en España e noutros países de Europa, mantendo vivas as obras máis famosas do repertorio operístico co fin de que as novas xeracións aprendan a amalas en vivo, nos escenarios dos teatros.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
