Jëan Fixx pon banda sonora na casa de cultura de Valdoviño á exposición “Paisaxes Interiores” de Raquel Calvo

Aberta á cidadanía, celebrarase na casa da cultura de 19:00 a 20:30 horas.

Jëan Fixx poñerá banda sonora á exposición “Paisaxes Interiores” de Raquel Calvo Gómez, e este sábado de 19:00 a 20:30 horas, a casa da cultura de Valdoviño acolle unha sesión de música electrónica e baile aberta á cidadanía.

O artista multidisciplinar Félix Fernández ofrecerá unha coidada selección de música electrónica con matices melódicos e un tempo pausado coa que deixarse levar, rodeados pola odisea emocional que brinda a obra pictórica de Raquel Calvo. Unha combinación perfecta para vivir unha experiencia artística única namentres o sol se pon ao solpor.

Ademais, a mostra da artista ferrolá afincada en Valdoviño continuará na sala de exposicións da casa da cultura ata finais de mes, en horario de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 19 horas.

SOBRE JËAN FIXX

Jëan Fixx é o proxecto musical do artista multidisciplinar Félix Fernández. Activo como DJ desde 2014, inicia a súa traxectoria como produtor en 2018 cun enfoque que combina techno hipnótico, electro, synthwave e atmosferas densas con matices industriais, dubstep ou EBM.

O seu son, emocional e contundente, articúlase desde unha ollada libre de prexuízos estéticos. Publicou varios EPs e álbumes en selos como Ruido de Fondo, Iptamenos Discos ou DISCTRL, e desenvolve tamén unha labor de axitación cultural como creador de INNFLEXIA, un espazo adicado á creación electrónica contemporánea.

Lea también

El cantante Quique González actuará en el Auditorio de Ferrol el 28 de febrero

El cantante y compositor Quique González es el primer nombre confirmado para actuar en el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *