A Mancomunidade aproba a declaración institucional por un tren do século XXI

A Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, que preside José Manuel Rey Varela, aprobou na tarde deste luns por unanimidade, na sesión plenaria extraordinaria celebrada na casa consistorial a petición do Foro Cidadán polo Ferrocarril, a declaración institucional por un tren do século XXI para Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Tal e como recolle o escrito, o ente supramunicipal amósase preocupado polas inxustas e grandes carencias que estas comarcas padecen en materia ferroviaria, con deficiencias nas infraestruturas, escaseza de servizos e tempos
de viaxe non competitivos que “debuxan un panorama moi negativo”, o que “implica unha dependencia cada vez maior do transporte por estrada para a mobilidade de persoas e mercadorías”.

A declaración recolle unha diagnose da situación actual, que reflicte que Ferrol está excluída do Eixo Atlántico ferroviario de Alta Velocidade e está deficientemente conectada ao resto da rede ferroviaria galega. Así mesmo, a
cidade departamental é a única das sete grandes cidades galegas sen plans para a chegada da alta velocidade e a conexión con A Coruña é moi deficiente.

Por outra banda, a conexión ás dársena portuarias de Ferrol non está integrada no Corredor Atlántico Europeo de mercadorías. Así mesmo, Ferrol e comarca foron sistematicamente marxinados nos investimentos importantes ferroviarios.

Por todo isto, a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol esixe instar ao Goberno de España de xeito inmediato a restituír as frecuencias e horarios entre Ferrol e A Coruña que existían ata o 9 de xuño, incluíndo a relación directa con Madrid e o incremento das frecuencias entre Ferrol e A Coruña, do mesmo xeito que o insta a iniciar este ano 2025 o estudo informativo para a modernización da infraestrutura entre Ferrol-Betanzos Infesta-A Coruña.

Así mesmo, a declaración pide ao Goberno central a mellora e modernización da infraestrutura e servizos de proximidade entre Ferrol e Ortigueira; a creación dun servizo de proximidade ferroviario entre Ferrol e A Coruña; a
intermodalidade dos diferentes modos de transporte e a integración dos portos na rede ferroviaria moderna; e a impulsar as actuacións necesarias para garantir a chegada efectiva da alta velocidade ás cidade de Ferrol e Lugo,
asegurando a súa plena integración no Eixo Atlántico de Alta Velocidade.

Por último, os alcaldes, a través deste documento, instan á Xunta de Galicia a solicitar o traspaso dos medios e servizos de viaxeiros por ferrocarril para a xestión ferroviaria dun verdadeiro servizo de proximidade á comunidade
autónoma de Galicia.

Lea también

Cristóbal Parralo es cesado como entrenador del Nástic de Tarragona por la mala racha del equipo

Cristóbal Parralo  ha dejado de ser el entrenador del Nàstic de Tarragona. Así lo ha …