O BNG de Narón reclama unha ordenanza municipal de Festas e eventos

Archivo. Pleno de Narón-Agosto

Narón, conta con numerosas festividades parroquiais e diferentes espectáculos públicos mais, até o momento, carece dunha normativa propia reguladora destas actividades o que leva a que nos rexamos pola Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma o que, en moitas ocasións, pode crear insguridade xurídica.

Desde o BNG, indican que dado o grande esforzo das diferentes comisións que se forman para levar adiante as festas como de asociacións que traballan para levar a cultura a todas as partes de Narón, é necesario un marco claro e coherente para a organización, desenvolvemento e seguridade de todos os eventos festivos. O obxectivo e que non se produzan situacións de inseguridade xurídica para as comisións como ten acontecido “Debemos dotar desde a administración dunha normativa pensada para todas as casuísticas do noso concello e que garantan calidade e seguridade xurídica ademais de optimizar a xestión municipal que ás veces se demora demasiado hoxe e causa problemas a quen fai o esforzo de organizar festas” declara Olaia ledo, voceira municipal do BNG de Narón.

A moción recolle a aprobación para comezar o expediente que dea lugar a esta ordenanza e, de aprobarse en pleno que exista, a obrigatoriedade de que sexa elaborada escoitando ás comisións e entidades que organizan festas e espectáculos en Narón “a ordenanza ten que ser unha ferramenta nunca un obstáculo”, declara o BNG.

Lea también

Intervención do SPEIS-Narón en Pena de Embade

Os bombeiros de Narón tiveron que intervir onte xoves nunha fuga de gas rexistrada en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *