O Camiño Inglés consolídase como ruta xacobea e xa supera as compostelas entregadas o ano pasado

Neste 2025 xa se selaron 28.753 compostelas fronte ás 28.065 do 2024.

Archivo. Peregrinos entrando en Neda

O Camiño Inglés consolídase como unha das rutas xacobeas con maior crecemento e mellor valoración. A día de hoxe, xa se entregaron máis compostelas que en todo o ano 2024. A día 19 de outubro son 28.753, cando en 2024 se rexistraron 28.065 selos totais, segundo os datos recollidos pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

A enquisa realizada entre abril e setembro de 2025 a 830 peregrinos revela un dato destacable: por primeira vez, os participantes estranxeiros foron máis numerosos que os nacionais (55% fronte a 45%). Este resultado non implica un cambio nas cifras totais de compostelas, nas que os camiñantes españois seguen a ser maioría, pero sí reflicte o crecente interese internacional pola ruta e a súa capacidade de atracción en mercados exteriores.

Peregrinos entrando en la catedral de Santiago

A mostra inclúe peregrinos de ata 48 nacionalidades distintas, con especial aumento dos procedentes de Estados Unidos e Portugal, que practicamente duplican os rexistros de 2023. Tamén se suman viaxeiros dos cinco continentes, con orixes tan diversas como Singapur, India, Filipinas, Australia ou Madagascar.

O grao de satisfacción co Camiño Inglés mantense en niveis moi altos, cunha puntuación media de 4,44 sobre 5. Máis da metade dos enquisados (58%) outorgan a máxima valoración, destacando tanto a beleza da ruta como a calidade dos servizos dispoñibles.

O estudo tamén mostra un incremento no gasto medio diario, que se sitúa arredor dos 51 euros por persoa. O grupo que declara un desembolso entre 50 e 75 euros diarios pasa do 17% ao 25%, un indicador do impacto económico positivo do Camiño nos concellos que atravesa. A Asociación subliña que moitos peregrinos non contabilizaron o custo do aloxamento, polo que o gasto real podería ser aínda superior.

Correos facilita a los Peregrinos chinos en el Camino de Santiago. Foto-Correos

As mulleres son maioría e aumenta a franxa de idade media
Por primeira vez, as mulleres representan o 54% dos peregrinos, consolidando a imaxe do Camiño Inglés como unha ruta segura e acolledora, especialmente para viaxeiras soas ou en pequenos grupos. En canto á idade, predominan os camiñantes entre 45 e 54 anos, seguidos dos de 55 a 64, mentres que o grupo menor de 45 anos reduce lixeiramente o seu peso.

Por último, a maioría dos participantes (49,7%) considera que non é necesario introducir melloras. Entre as propostas máis mencionadas destacan o incremento de servizos de hostalería en determinados tramos e a redución dos percorridos por estrada (ambas cun 13% das respostas), seguidas da creación de áreas de descanso con bancos e fontes (8,5%). Tamén se recollen suxestións puntuais para reforzar a seguridade viaria ou mellorar pasos peonís, aínda que a sinalización é valorada como excelente pola gran maioría.

Lea también

El Ministerio inicia la tramitación del concurso de transición justa de As Pontes para sustituir carbón por renovables

El Ministerio abre consulta pública para adjudicar la capacidad de acceso del nudo de Maciñeira …