Narón súmase ao movemento do comercio xusto

O Concello de Narón súmase ao movemento do comercio xusto da man de Solidariedade Internacional de Galicia, co obxectivo de sensibilizar á mocidade sobre o impacto do consumo e a importancia de escoller alternativas máis sostibles e responsables.

No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, o mércores 22 de outubro ás 12:30 horas o IES As Telleiras acollerá a representación da obra teatral “Vaia Tea!”, da compañía Xucrut Teatre. A través do humor e a reflexión, esta peza convida a pensar sobre o modelo de consumo de roupa e as condicións laborais das persoas que a producen.

A actividade está dirixida ao alumnado de segundo da ESO do IES As Telleiras, así como a alumnado de primeiro e segundo de FP Básica de Comercio do IES Terra de Trasancos, e pretende fomentar o pensamento crítico e o compromiso coa xustiza social e o consumo responsable.

A campaña Aquí e Acolá O Xusto é unha iniciativa de Solidariedade Internacional de Galicia que busca visibilizar as desigualdades que provoca o comercio internacional e promover alternativas que garantan condicións laborais dignas e o respecto polos dereitos humanos en todo o mundo.

Lea también

El BNG exige al Gobierno parar el desahucio de una familia en un edificio de la Sareb en Narón

El diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego, ha pedido este sábado al Gobierno …