Valdoviño promove xunto á SGHN unha nova edición do programa de visitas escolares á lagoa da Frouxeira

A iniciativa está aberta aos centros educativos de Educación Primaria e Secundaria, que xa poden solicitar a súa participación.

Fuente.-Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño abre unha nova edición do programa escolar de visitas guiadas á lagoa da Frouxeira que promove en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). A iniciativa busca contribuír á divulgación, respecto e protección dun dos cinco humidais protexidos en Galicia, e da man da entidade ecoloxista, organízanse percorridos guiados e concertados para os coles, cun discurso adaptado á idade dos nenos e nenas participantes, onde se lles explica a súa importancia, centrándose na súa flora e fauna singular, abórdase a súa historia e dinámicas, ou as figuras de protección que rixen o territorio.

O programa municipal é gratuíto, e está aberto a centros de Educación Primaria e Secundaria de toda Galicia, e para sumarse a el, deben enviar un correo electrónico ao enderezo ferrol@sghn.org sinalando nome do centro, curso e número de alumnos e alumnas, ou chamar ao número da asociación no 698 14 13 84. A partir de aí concertaranse as visitas.

A lagoa da Frouxeira conta con figuras de protección como as de humidal protexido de importancia internacional, zona de especial protección para as aves (ZEPA), zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) e zona de especial conservación (ZEC).

Lea también

Concello de Valdoviño y SGHN promueven una nueva edición del programa de visitas escolares a A Frouxeira

El Ayuntamiento de Valdoviño inaugura una nueva edición del programa escolar de visitas guiadas a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *