Fene presenta o tráiler do documental “A Escola da Memoria”, dentro dos actos polo centenario da Sociedade Hijos de Limodre

O filme, impulsado pola directiva da A.VV. de Limodre e dirixido por Iago Varela, recupera a historia da escola a través do relato das diferentes xeracións que pasaron por ela.

Presentación del tráiler documental «A Escola da Memoria»

A Escola de Limodre acolleu este sábado 18 a presentación do tráiler do documental “A Escola da Memoria”, unha produción impulsada pola Asociación Veciñal de Limodre coa colaboración do Concello de Fene, e dirixida por Iago Varela. O proxecto enmárcase dentro da programación especial co gallo do centenario da Sociedade “Hijos de Limodre”, entidade histórica que simboliza o espírito asociativo, educativo e solidario que marcou a identidade da parroquia.

O acto incluíu tamén unha charla-coloquio a cargo de Montse Golias Pérez e Arantxa Fernández Crespo, que baixo o título “As sociedades instrutivas indianas”, afondou no papel das asociacións emigrantes na promoción cultural e educativa de Galiza no primeiro terzo do século XX. A xornada completouse cunha homenaxe ás persoas doadoras que fixeron posíbel a construción da escola.

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, destacou que “este documental é unha peza de enorme valor para o legado da parroquia de Limodre, porque recolle as voces e lembranzas do alumnado que pasou pola escola desde 1932 ata o seu peche xa nos anos 2000. É un exercicio de memoria colectiva que permite reconstruír a historia viva dunha comunidade a través das experiencias das súas veciñas e veciños”.

Presentación tráiler documental «A Escola da Memoria»

O documental, que recolle entrevistas, imaxes e fragmentos da vida social e educativa de Limodre, foi posíbel grazas á implicación da xunta directiva da A.VV de Limodre, Carlos López e Eulalia Salorio, encargadas das tarefas de documentación e coordinación dos grupos participantes; así como tamén ao esforzo colectivo de persoas que achegaron fotografías, recordos e obxectos para facelo posíbel.

Sandra Permuy quixo tamén agradecer o traballo na dirección da peza, subliñando que “a súa mirada sensible e respectuosa permitiu transformar as voces da memoria nun patrimonio audiovisual para as novas xeracións”.

Desde o Concello de Fene avánzase que a presentación do tráiler serviu de antesala para a estrea do documental completo nas próximas semanas, e como homenaxe á forza comunitaria que fixo posíbel a recollida da historia viva de Limodre no centenario da súa Escola.

Lea también

El Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos empieza el año con una intensa agenda

El Museo mugardés comienza el año con actividades especiales para profundizar en la cultura y …