«A Malata en rosa»: BAXI Ferrol lanza unha promoción da segunda equipación na loita contra o cancro de mama

O BAXI Ferrol quere converter o encontro deste fin de semana fronte ao Araski AES patrocinado por Centro Comercial Odeón nunha auténtica festa solidaria coa iniciativa “A Malata en rosa”, coincidindo co día da Loita contra o Cancro de Mama. O club ofrece unha promoción especial da segunda equipación por só 40 euros a camisola e 20 € o pantalón, dispoñible en Niebla Boutique e o día de partido, ata fin de existencias.

Ademais, todas as persoas que merquen a camiseta levarán un obsequio solidario cortesía de Niebla Boutique e o BAXI Ferrol doará 5 € por cada prenda vendida a favor da loita contra o cancro de mama.

O primeiro equipo tamén xogará de rosa o encontro deste domingo ante o Araski AES, simbolizando o compromiso do club coa visibilización e o apoio ás mulleres que loitan contra esta enfermidade.

“Queremos que A Malata se encha de cor e solidariedade. Este é un xesto de apoio e concienciación, pero tamén unha forma de contribuír directamente cunha achega económica á investigación e á axuda ás persoas afectadas”.

O BAXI Ferrol anima a toda a súa afección a vestir de rosa e a sumar forzas nesta causa solidaria, «Dende o club queremos agradecer a colaboración nesta iniciativa de Niebla Boutique e o Centro Comercial Odeón».

Lea también

La Casa do Deporte contará con una cubierta totalmente renovada en las obras de la ‘Cidade do Deporte’

Uno de los principales problemas que presenta el pabellón de la Casa do Deporte en …