No Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, a área de lingua da entidade provincial presenta esta publicación en colaboración coa Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, entidade consultora da UNESCO para o PCI, baixo a autoría de dous estudosos e investigadores da literatura oral galego-portuguesa, os profesores Domingo Blanco de Galiza e Carlos Nogueira de Portugal.
“Este traballo reflexa o tesouro do patrimonio cultural inmaterial compartido entre ambos países, a literatura de tradición oral, un patrimonio vivo que foi preservado e transmitido polas persoas portadoras e que neste ano 2025 a Real Academia Galega homenaxeou no día das letras galegas” sinalou a deputada de lingua, Sol Agra.
Co gallo do Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), a área de lingua Deputación presentou o “Cancioneiro Galego Portugués” en colaboración coa Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, entidade consultora da UNESCO para o PCI baixo a autoría de dous estudosos e investigadores da literatura oral galego-portuguesa, os profesores Domingo Blanco de Galiza e Carlos Nogueira de Portugal. A deputada de lingua, Sol Agra, foi a encargada de presentar a publicación, acompañada do presidente de Ponte nas Ondas, Santi Veloso, e do autor Domingo Blanco.
O obxectivo do cancioneiro é dar a coñecer este corpus literario que se mantivo vivo ao longo do tempo en Galicia e tamén en Portugal. “Este traballo reflexa o tesouro do patrimonio cultural inmaterial compartido entre ambos países, a literatura de tradición oral, un patrimonio vivo que foi preservado e transmitido polas persoas portadoras e que neste ano 2025 a Real Academia Galega homenaxeou no día das letras galegas” sinalou a deputada.
Sol Agra engadiu que «esta iniciativa que se enmarca na celebración das Letras Galegas 2025 que este ano homenaxea ás nosas cantareiras e á literatura oral, vai máis aló para poñer en valor todo ese patrimonio compartido que temos co país veciño, fonte dunha gran riqueza histórica e cultural».
A publicación inclúe estudos comparativos por parte de ambos autores onde se contrastan aspectos como a métrica, a rima e as variantes que viaxaron dun lado ao outro da fronteira. “O cancioneiro galego portugués” constitúe un valioso recurso pedagóxico que procura a divulgación e transmisión deste patrimonio ás novas xeracións e conta cunha proposta didáctica para o traballo nas aulas e un apartado web con diversos materiais audiovisuais e musicais.
Blanco explica que “a publicación recolle unha ampla antoloxía de cantigas que son comúns en ambos territorios e que presentan afinidades temáticas e lingüísticas”. Pola súa banda, Santi Veloso, presidente de Ponte nas Ondas, destaca que “este patrimonio común que sobrevivíu por riba das fronteiras reflíctese neste cancioneiro tradicional que se mantén vivo nos territorios da lusofonía e nós, como sociedade, temos a responsabilidade de coidalo e transmitirllo ás novas xeracións. Ponte…nas ondas! reivindica a existencia dun patrimonio común galego-portugués e este cancioneiro é unha achega imprescindible para o seu coñecemento e a súa difusión”.