As Pontes non acude á presentación do programa activa verde en protesta polo que considera unha discriminación á veciñanza

O Concello das Pontes traslada os motivos da súa ausencia na presentación do programa Activa Verde, celebrada recentemente, ao considerar que dita ausencia é a expresión enérxica de rexeitamento ante o uso que fai a Xunta de Galicia dos Fondos de Transición, que a Unión Europea destina á provincia da Coruña, para reactivar as localidades que sofren os peches das centrais térmicas.

 

Desde o goberno local apuntan que “isto é algo que a Xunta non fai, destinado máis de 60 millóns de euros da veciñanza de As Pontes e Cerdeda a proxectos industriais de toda a provincia en lugar de concéntralos nas localidades das Pontes e Cerceda”.

Esta situación motivou que o Concello interpuxera cinco demandas contra esas convocatorias que “consideramos un roubo de dereitos aos veciños e veciñas. Confiamos en que a Xunta recapacite ante esta situación e reoriente o deseño destes fondos a proxectos industriais que axuden a reactivar As Pontes”, apuntan desde o goberno local

A decisión de non acudir foi previamente comunicada á administración autonómica, explicando as razóns que a motivaban.

O programa Activa Verde, promovido a través dun convenio entre a Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios da Coruña, ASIME e os sindicatos, conta cun investimento de 2 millóns de euros procedentes dos devanditos fondos. Porén, nin As Pontes nin Cerceda foron tidas en conta nin no deseño, nin no reparto destas actuacións, a pesar do compromiso previo da Xunta de que estes concellos serían prioritarios.

Ademais, o Concello lamenta que tampouco se contara co tecido empresarial local, representado por entidades como COHEMPO ou SEARA, o que supón un novo desprezo institucional cara ás iniciativas e capacidades do propio territorio.

Por todo iso, o Concello das Pontes considera que a súa presenza na presentación de Activa Verde sería incoherente coa postura crítica e firme que mantén en defensa dos intereses do municipio, da súa cidadanía e do seu tecido socioeconómico.

Lea también

Valdoviño volve facilitar prácticas non laborais ao alumnado do London Institute

Cinco estudantes de Programación en Linguaxes Estruturadas completarán 175 horas que lles darán acceso ao …