A compañía T-Tinglado representa no Auditorio de Narón o espectáculo O Inconveniente

O ciclo de Teatro Amador regresará este domingo ao Auditorio municipal de Narón, na praza de Galicia, onde se poderá ver o espectáculo O inconveniente, da compañía T-Tinglado.

A entrada é de balde e a representación dará comezo ás 18:00 horas. O Padroado da Cultura conta coa colaboración da administración provincial para programar este ciclo.

Luis G. Ramos dirixe esta obra, protagonizada por un axente inmobiliario que trata de levar a cabo unha complicada tarefa, vender un piso céntrico, moi amplo e a moi bo prezo pero que precisa dunha importante reforma. A propietaria do inmoble pon unhas condicións de venta moi extravagantes.

Lea también

O castelo da Concepción en Cedeira, abre as súas portas

O Concello de Cedeira abriu as portas do castelo da Concepción, o “fortín” que domina …