O Museo de Historia Natural de Ferrol acolle a presentación do conto «El encuentro»

Terá lugar este venres 17 de outubro ás 19:30 horas. Escrito por David Blanco de Rojas, ilustrado por Catalina Rodríguez Villazón e editado por Libros del Océano, editorial ferrolana.

«El encuentro» narra a historia de Maruliño, un xove surfista de A Costa da Morte, e IO, unha candorca ibérica, que nos descobren que é posible relacionarnos co mar e a vida que habita nel dun modo máis respetuoso.  Xuntos IO e Maruliño embárcanse nunha aventura que cambiará a súa perspectiva sobre a relación entre os seres humanos e outras especies.

A presentación do conto en Ferrol celebrarase no Museo de Historia Natural, xestionado por a Sociedade Galega de Historia Natural, que alberga unha das maiores coleccións de ósos de cetáceos da península Ibérica, entre os que se atopan o esqueleto e unha réplica a escala real de unha candorca.

Na presentación farase unha visita guiada ao Museo de Historia Natural centrada no esqueleto e na réplica da candorca.

O Museo de Historia Natural está aberto ao público de forma gratuíta grazas a un convenio co Concello de Ferrol.

«El encuentro» naceu como unha ferramenta educativa deseñada para o proxecto deportivo-educativo ‘Aprende a través del surfing’.  Finalmente, converteuse nun conto ilustrado que expón o necesario entendemento e respeto que os seres humanos temos que ter co  resto de especies coas que compartimos o planeta, descubríndonos a importancia de fomentar a pesca sostible para cuidar dos océanos e preservar aos animales que os habitan.

Libros del Océano nace en 2019 como a rama editorial do Océano Surf Club, o primeiro club de surf creado en Galicia en 1988.

Lea también

Ferrol acoge la exposición itinerante ‘CONtornos’ con cerca de un centenar de piezas de madera torneada

Ferrol acogerá desde finales de abril una nueva edición de la exposición itinerante de madera …