Intervención do SPEIS-Narón en Pena de Embade

Os bombeiros de Narón tiveron que intervir onte xoves nunha fuga de gas rexistrada en Pena de Embade, na parroquia de San Xiao. Recibiron unha alerta por unha fuga nunha tubaxe, nunha zona na que se estaban realizando uns traballos cunha excavadora. A máquina seccionou a tubaxe que proviña dun depósito de gas que alimentaba unha urbanización.

 
Tras comunicarse coa empresa que traballaba no lugar, dende o SPEIS marcáronlles unhas pautas de zonificación da zona mentres non chegaban. Unha vez alí as primeiras accións centráronse no taponamento da tubaxe que estaba seccionada á metade, ao non ter inicialmente acceso ao depósito. Tras minimizar o escape da fuga accedeuse ao depósito, ao que se lle cortou a chave de seccionamento.  Unha vez que chegou ao punto persoal técnico da empresa de gas fíxose cargo da reparación.
 
Na intervención estiveron tamén axentes da Policía Local de Narón.

Lea también

A alcaldesa Ferreiro recibe no Concello de Narón aos tres novos axentes da Policía Local

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recibiron …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *