Cedeira ofrece rutas guiadas gratuítas sobre o patrimonio mariñeiro

Durante o domingo 19 e o martes 21 de outubro terán lugar as rutas guiadas gratuítas sobre o patrimonio mariñeiro e a importancia histórica do sector en Cedeira. As inscricións deberán realizarse por whatsApp a través do 621 25 14 90.

O Concello de Cedeira ofrece durante o mes de outubro dúas visitas guiadas gratuítas nas que promocionar e dar a coñecer o patrimonio natural e especialmente o marítimo pesqueiro da vila. Un dos principais obxectivos desta actuación é a valorización dos oficios e do produto local pesqueiro, dando visibilidade aos traballos das confrarías e a importancia histórica das mulleres nestes sectores.

Trátase dunha ruta de aproximadamente 6 quilómetros, de dificultade baixa e circular, que comeza e remata na oficina de turismo de Cedeira. No percorrido, os asistentes coñecerán espazos destacados da vida mariñeira da vila coma a Confraría de pescadores, a Lonxa ou o Miradoiro Punta Sarridal, así coma outros lugares emblemáticos de Cedeira.

Para poder participar destas visitas será necesario inscribirse previamente a través do WhatsApp no 621 25 14 90, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas. «GASTROMAR Cedeira» é unha iniciativa para a revalorización do sector mariñeiro a través de actividades orientadas a diferentes públicos.

Entre estas actividades destacan tamén as aulas mariñeiras para o alumnado de primaria e secundaria dos centros educativos locais,; exposicións exteriores sobre as xentes do mar, a gastronomía, o coidado e conservación do medio ou o consumo responsable; sesións formativas de cociña mariñeira para profesionais da hostalería local para o aproveitamento do produto e subproduto e a sensibilización sobre a emerxencia climática, e tamén, accións de comunicación para a difusión das actividades do proxecto.

O proxecto «GASTROMAR Cedeira: promoción do consumo do produto mariñeiro local» foi impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal na convocatoria 2023.

Lea también

Neda invierte 73.000 euros en sustituir la totalidad de las ventanas de la Casa da Cultura

El Ayuntamiento de Neda ha adjudicado la sustitución de todas las ventanas de la Casa …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *