A selección española de fútbol sala feminino visitou o Concello de As Pontes

A selección española de fútbol sala feminino na recepción en As Pontes | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Este mércores, As Pontes tivo o luxo de recibir á selección española feminina de fútbol sala, tricampiona de Europa, e que dentro dun mes participará en Filipinas no primeiro Mundial da especialidade, ademáis, con catro xogadoras galegas, Ale de Paz (Neda), Vane Sotelo (Ourense), Antía Pérez (Laza) e Martita (A Coruña).

Un privilexio de moitos quilates quizais so equiparable a cando As Pontes foi inicio da última etapa da Vuelta a España feminina 2021, As Pontes-Santiago de Compostela, na que aquí se puido ver a unha decena de ciclistas medallistas olímpicas e mundiais.

Fixandonos so entre adestradora e as 14 xogadoras, no Concello sumaronse ata 25 Campionatos de Europa, tres da seleccionadora Claudia Pons, Peque, Mayte Mateos e Irene Samper, dúas das xemelgas Laura e Irene Córdoba, María Sanz, Ale de Paz e Dany Domingos, e unha de Antía Pérez, Vane Sotelo e Isa García.

Foron recibidas polo alcalde Valentín González, a concelleira Elena López e a presidenta do Lago Sport Cristina Maceira, que lles regalou unas bufandas do clube.

A selección, que estivo concentrada en Vilalba dende o domingo ata este xoves, xogou onte ante o seu gran rival europeo, Portugal, gañando 5-3, e hoxe xogará o segundo último partido desta xira no Pavillón Municipal as 19:30 no que será unha cita histórica.

Lea también

Más de 300 deportistas se dan cita este fin de semana en el ‘Campeonato de Bodyboard Cidade de Ferrol’

Las pruebas de las diferentes categorías se desenvolverán desde el viernes 28 hasta el domingo …