A SGHN organiza a «Ruta guiada a unha finca custodiada pola Asociación Betula»

A Delegación de Ferrol da SGHN organiza co patrocinio da Deputación da Coruña a Saída Naturalista «Ruta guiada a unha finca custodiada pola Asociación Betula» que terá lugar o vindeiro sábado 11 de outubro.

Para descubrir e coñecer máis a fondo o proxecto de restauración que a asociación Betula está desenvolvendo en Marraxón (Fene).

Nesta xornada se realizará un paseo guiado pola área de actuación onde nos explicarán como empezou o proxecto de restauración, as especies de árbores e arbustos que están a empregar e os beneficios ecolóxicos desta iniciativa.

Para efectuar a correcta inscrición de cada participante, deberase enviar un correo a ferrol@sghn.org , aportando o nome completo (nome+2 apelidos); DNI (con letra); teléfono de contacto e data de nacemento (esta última é por esixencia do seguro).

Lea también

La Xunta licita por unos 269.000€ las mejoras de climatización en dos centros de salud del Área Sanitaria de Ferrol

La Xunta de Galicia ha publicado en el Portal de Contratos Públicos de Galicia la …