A Deputación aproba a creación dunha senda na estrada DP 4802 que conectará Perbes e Campolongo, en Pontedeume

O investimento provincial supera os 333.000 euros e o proxecto ten un prazo de execución de 5 meses.

Foto da visita de Bernardo Fernández á zona. Fuente Diputación de A Coruña

O pleno da Deputación da Coruña aprobou o pasado venres por unanimidade o proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-4802, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 4+771 e 5+482, entre Perbes e Campolongo, no concello de Pontedeume.

A actuación, que forma parte do Plan de Sendas Peonís 2025 e que conta cun orzamento de 333.261,50 euros con cargo a fondos propios da institución provincial, terá un prazo estimado de execución de cinco meses. Este novo itinerario peonil foi anunciado hai escasos días polo deputado provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e dará continuidade ás beirarrúas existentes na marxe da DP-4802.

O proxecto aprobado contempla a construción dunha senda peonil de dous metros de ancho pola marxe dereita da vía, coa finalidade de dar continuidade ás beirarrúas xa existentes e garantir un tránsito máis seguro para a veciñanza. Inclúe tamén melloras na iluminación pública mediante a instalación de luminarias LED, así como a execución dunha rede de pluviais para facilitar a recollida de augas superficiais. Ademais, prevese o traslado dos postes eléctricos e de telecomunicacións que se ven afectados polo trazado da nova senda.

Neste mesmo vial, a Deputación vén de publicar a liciitación das obras de mellora superficial e reforzo do firme nos tramos que van do pk 0+650 ao 1+900 e do 4+600 ao 5+550, cun orzamento de 288.232 euros. A licitación está aberta ata o 3 de novembro.

Desde a Deputación destacan que estas intervencións responde ao compromiso da institución coa mellora da seguridade viaria, a accesibilidade peonil e a mobilidade sostible nos concellos da provincia.

Lea también

Ortigueira renueva la pista de pádel cubierta del CEIP José María Lage

La actuación recoge también la instalación de la red de juego, reparación de la solera …