Valdoviño inaugura unha nova edición do ciclo “Ven o Venres”

A función terá lugar este venres ás 20 horas no auditorio da casa da cultura.

A concellería de Cultura de Valdoviño inaugura esta semana unha nova edición do ciclo de teatro «Ven o Venres» con «Made in Galiza», a cargo da compañía Sarabela Teatro. A función terá lugar este venres 10 de outubro ás 20:00 horas, con entrada de balde e libre ata completar aforo.

A peza chega a Valdoviño co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da liña de axudas para a promoción do uso da lingua galega, e o ciclo terá continuidade no mes de novembro coa obra «As formas do amor», de Verdeverás Expresións Artísticas, e decembro, con «Testosterona», da compañía Malasombra.

O espectáculo de Sarabela que inaugura o programa este curso combina con mestría momentos cotiáns con profundas reflexións sociolingüísticas, a través da historia duns avós que non se entenden coa súa propia familia ao falar en diferentes idiomas. Trátase dunha adaptación do libro de Sechu Sende, que abre as portas ao humor reflexivo e á poesía, tornando temas complexos en experiencias accesibles para todo o mundo.

A compañía tense convertido nun referente no ámbito do teatro en Galicia, destacando pola súa creatividade e compromiso coa arte escénica. A súa influencia e impacto no mundo do teatro galego son innegables, e continúa a emocionar e inspirar ao público coas súas interpretacións innovadoras e provocadoras.

Lea también

Ferrol homenajea a Asfedro con una gala por su cuarenta aniversario

La concejala de Política Social de Ferrol, Rosa Martínez, y la presidenta de Asfedro, Sari …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *