O Pazo da Cultura de Narón acolle a proxección de “Searching for Sugar Man”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este mércores 8 a proxección da segunda película do ciclo de cine “Historias extraordinarias”, organizado polo Concello e o Cineclube Serie B. 

Nesta ocasión o público poderá ver “Serching for Sugar Man”, dirixida por Malik Bendejellou e gañadora dun Óscar. O filme conta a historia de Sixto Rodríguez, un músico desaparecido.

A entrada é de balde e a proxección dará comezo ás 20:00 horas, como todas as programadas neste ciclo, que conta coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e da administración autonómica.

A seguinte proposta deste ciclo, iniciado o pasado 1 de outubro, será o día 15 deste mes, cando se poderá ver “Radio encubierta”, de Richard Curtis. A programación rematará o día 22 deste mes coa proxección de “Desenterrando Sad Hill”, de Guillermo de Oliveira.

Lea también

El Club de Golf Campomar acoge la ‘Ruta do Viño 2026’

El Club de Golf Campomar acogió esta semana la primera prueba del circuito de La …