Xoves da Capela trae a Ferrol a Ton Risco e Marcos Teira co seu novo album «circum»

O álbum está producido por eles mesmos e editado pola discográfica madrileña Youkali Music, especializada en flamenco-jazz. As entradas poden adquirirse ó prezo único de tres euros na billeteira do Jofre e na web de Ataquilla.

O dúo instrumental de Flamenco-Jazz formado por Ton Risco e Marcos Teira actúan o vindeiro 9 de outubro dentro de Xoves da Capela (XDC), ás 20:30 horas e co prezo habitual deste ciclo, tres euros. As entradas poden mercarse na billeteira do Jofre e na web de Ataquilla.

O vibráfono de Ton Risco e a guitarra española de Marcos Teira -dous instrumentos virtuosos que dominan solidamente o ritmo e propoñen unha viaxe sensorial por universos novos- combinaranse á perfección neste concerto de presentación de Circum. Un álbum gravado lentamente, producido polos mesmos Risco e Teira, e editado polo selo madrileño especializado en flamenco-jazz Youkali Music.

Teiro destaca por un concepto do ritmo moi sólido que inspira ao seu compañeiro de escenario á hora de componer, ademáis dunha maneira de concebir algo novo sobre algo que xa existe. Risco comparte a súa querenza polo ritmo e non deixa de sorprender ao guitarrista coa súa capacidade como improvisador de melodías.

Como sinala Risco “ás veces temos que traducir o son da guitarra no vibráfono, especialmente en cuestións puras do paus flamencos, que precisan ser tocadas de certa maneira e aí hai que darlle voltas para que o vibráfono poida facer as veces da guitarra ou, polo menos, se faga recoñecible un tanguillo ou unha bulería no instrumento”.

A guitarra, pola súa banda, sáelle ao encontro ás láminas para crear algo novo partindo da súa compatibilidade. Algo que resume Teira cando asegura que “os nosos instrumentos enténdense ben, e esa é unha das razón polas que este dúo existe. Son timbres compatibles, lévanse ben entre eles”.

Lea también

El concierto de Manu Sija cierra en Neda el festival itinerante Jazz de Ría

Jazz de Ría concluirá su décima edición este domingo 16 a mediodía en Neda. El …