O Talentiño dá a benvida ao 2026 cun anuncio moi especial. Coincidindo coa maxia do Día de Reis, o certame presenta a súa nova imaxe corporativa como un auténtico agasallo de Reis, pensado para seguir facendo medrar a ilusión, a creatividade e o talento infantil e xuvenil de Ferrolterra e Galicia.
A nova identidade incorpora de maneira explícita o slogan “O certame onde nace o talento”, reforzando a esencia e o propósito que acompañan a O Talentiño desde a súa orixe.
O logotipo mantén unha nota musical como elemento central, símbolo da expresión artística, da voz propia e do escenario que o certame ofrece a cada participante. Esta nota intégrase cunhas ondas que, a modo de pentagrama, representan tamén o mar da cidade departamental, un dos sinais de identidade máis recoñecibles da contorna na que nace e medra O Talentiño. Na parte superior, unha serie de estrelas iluminan o conxunto. Elas simbolizan o talento, os soños e, sobre todo, aos talentiños, auténtica peza fundamental desta gran familia que é O Talentiño. Cada estrela representa a ilusión, o esforzo e o brillo único de cada neno e nena que forma parte do certame.

Esta imaxe xa se pode nunha web con deseño renovado: www.otalentino.es, e comezará a integrarse nos vindeiros días nas redes sociais
Esta nova imaxe non é só unha evolución visual de cara á IV edición deste Certame, senón unha reafirmación do compromiso de O Talentiño: seguir sendo o lugar onde nacen oportunidades, confianza e futuro.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
