A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza en Narón o I Encontro de Cantos de Taberna de Sedes

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza o primeiro Encontro de Cantos de Taberna de Sedes. Os actos celebraranse o sábado 11 de outubro cunha xornada na que participaran 3 agrupacións da comarca.

A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes, Narón, e nela participarán tres agrupacións adicadas ao cantos de taberna da nosa comarca.

A partir das 19:30 horas iniciarase este primeiro Encontro de Cantos de Taberna de Sedes coa actuación de “Cantando afóganse as penas”, que chegan dende o veciño concello de San Sadurniño con unha única pretensión, facernos pasar un bo intre entorno a un repertorio popular e divertido.

A continuación e baixo a batuta de Diego Maceiras, chegará Son de Cantos, dende Fene, que farán un paseo polo noso repertorio amosando diferentes ritmos e melodías.

Logo será a quenda da agrupación anfitrioa, Os Cantos de Taberna de Sedes da A.C. Vai Rañala Meu!. Foliadas, xotas, muiñeiras, pasodobres, toda unha amalgama de ritmos autóctonos interpretados por voces e instrumentación creando un ambiente propicio para o baile.

A entrada é libere e de balde e dende a A.C. Vai Rañala Meu! quérese convidar a todas as persoas amantes da nosa tradición e da música en xeral a desfrutar con nós dunha tarde de música, canto e convivio.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

Dos heridos en la colisión de tres vehículos en la AP-9 en la zona de Narón

Dos heridos y daños en tres vehículos es el resultado de un accidente de tráfico …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *