Goente (As Pontes) acolle a tradicional Feira do Queixo e do Mel

O Concello das Pontes organiza unha nova edición da tradicional Feira do Mel e do Queixo, que se celebra o domingo 12 de outubro, na parroquia de Goente, en horario de 10:00 a 19:00 horas.

Fuente Concello de As Pontes

A cita, que este ano chega á súa décimo quinta edición, consolídase como un evento de referencia para a promoción dos produtos locais e da artesanía galega e reunirá postos de venda de mel e queixo, así como unha representación de artesanía alimentaria e de Artesanía de Galicia, ofrecendo tamén ao público obradoiros e degustacións que permitirán coñecer de preto os procesos de elaboración e calidade dos produtos.

Segundo explica Elena López, concelleira de Turismo e Promoción Económica, “esta feira naceu co obxectivo de poñer en valor dous dos produtos máis valorados do noso territorio, o queixo do Eume e o mel, grazas á colaboración de Queserias del Eume e a Casa do Mel de Goente hoxe é xa un espazo consolidado como punto de encontro tanto para as persoas produtoras como para as consumidoras, que non queren perder esta cita para mercar produtos de tempada”.

López subliña que “eventos coma este tamén favorecen a visibilización do traballo que realizan moitas persoas e pequenas empresas da nosa contorna, que apostan pola calidade, a tradición e asustentabilidade”.

Ao longo da xornada, as persoas asistentes poderán coñecer de primeira man o labor dos produtores e produtoras locais, degustar os seus produtos e participar en actividades orientadas a todos os públicos, nun ambiente lúdico e festivo que cada ano reúne a centos de visitantes.

O Concello das Pontes anima á veciñanza e a todas as persoas interesadas a achegarse a Goente e gozar dun día dedicado á tradición, ao sabor e á cultura galega.

Lea también

Continúa la búsqueda del octogenario desaparecido en Ortigueira

En la mañana de este domingo se reanudó la búsqueda de un vecino de 85 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *