Cederia chama á hostalería local a participar na sexta edición do «Tapas de outono»

O certame celebrarase entre o venres 24 e o domingo 26 deste mes de outubro e os locais deberán inscribirse antes do vindeiro día 12.

Archivo

O Concello de Cedeira promove a sexta edición do certame “Tapas de Outono”, co que cada ano desde 2018 trata de promocionar a calidade da cociña local e dinamizar o sector hostaleiro. Os establecementos teñen de prazo ata o 12 de outubro para inscribirse no concurso, que se desenvolverá do 24 ao 26 deste mesmo mes e que ofrecerá ao público petiscos a 3€.

Como é habitual, o público será o xurado que elixirá a mellor tapa cos seus votos, ao tempo que participa no sorteo dunha cea para dúas persoas. Desta volta, será preciso probar a metade das tapas que se presenten ao certame para poder votar, cubrindo co selo ou a sinatura de cada establecemento a tarxeta de votación. Nela adxudirán tres, dous e un puntos ás tres elaboracións que se consideren mellores. Cada persoa poderá emitir unha única papeleta nas caixas distribuidas polos establecimientos participantes.

As tapas serviranse desde o servizo da noite do venres 26 ata o mediodía do domingo 26. Gañará o local que sume máis puntos –ou que obtivera máis votos de tres puntos en caso de empate e sempre cun mínimo de 50 puntos-. Entre todas as tarxetas participantes sortearase unha cea para dúas persoas no local que resulte gañador.

Os establecementos hostaleiros de Cedeira poden enviar un Whatsapp ao número de teléfono 697 479 710 ou ben mandar un correo electrónico a noel.lopez@cedeira.gal para formalizar a súa inscrición. Admitirase unha única tapa por local.

Lea también

Las unidades móviles de la ITV agrícolas se desplazarán a Lago y la Vilaboa en el mes de noviembre

Las personas interesadas en realizar las revisiones sin salir del municipio ya pueden solicitar cita …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *