Visita real en Ares: os Reis Magos estarán na vila este lúns 5 de xaneiro

As súas Maxestades percorrerán a partir das 16:30 horas tanto as parroquias como o núcleo urbano, onde rematarán o itinerario para facer a súa recepción no interior da Alianza Aresana.

Este luns 5 de xaneiro, os Reis Magos desembarcan dende Oriente en Ares para atender a toda aquela veciñanza que desexe saudalos ao longo da xornada.

A carroza real sairá ás 16:30 horas dende a Praza do Pedregal de Redes para percorrer as parroquias do concello, incluíndo no itinerario Barracido, Mariña do Pombal, Pedrós, Centro Cultural Outeiro de Chanteiro e o CIRS Cervás. E dende Cervás emprenderán a viaxe en dirección a Ares, desfilando a partir das 18:15 h. na Porta do Sol polas rúas da vila.

A cabalgata pechará o seu percorrido na Alianza Aresana aproximadamente ás 18:45 horas, e será alí onde Baltasar, Melchor e Gaspar farán a súa parada para recibir aos pequenos e pequenas e familias que se acheguen a coñecelos.

No caso de condicións climatolóxicas desfavorables, considerarase a posibilidade de reducir o percorrido da cabalgata con paradas só nas parroquias e a recepción na Alianza Aresana, que se organizaría ás 18:30 horas.

Dende a concellaría de Cultura agradecen a involucración da Sociedad cultural O Tilo e Protección Civil de Ares para materializar un ano máis a cabalgata de Reis Magos.

Lea también

Valdoviño procede al corte de tráfico de la carretera que discurre paralela al cauce del río San Vicente

Las intensas lluvias de los últimos días provocaron el desbordamiento del río San Vicente, en …