As Pontes acolle un encontro preparatorio de la selección española feminina de fútbol sala ante Portugal

As Pontes converterase o vindeiro mércores, 8 de outubro, nun dos escenarios dos encontros preparatorios da Selección Española Feminina de Fútbol Sala de cara á Copa Mundial que se disputará nas Filipinas a partir do 21 de novembro.

A cita foi presentada este venres na Casa do Concello, nun acto presidido polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, acompañado pola concelleira de Deportes, Elena López, a delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, e polo presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto. Tamén participaron a seleccionadora nacional, Claudia Pons; o responsable do Comité Nacional de Fútbol Sala, Paco Sedano; e a presidenta do club local Lago Sport, Cristina Maceira.

Na súa intervención, o rexedor destacou o orgullo que supón para a vila acoller un encontro deste nivel, lembrando a longa tradición de fútbol sala en As Pontes, cunha ampla representación en competicións galegas e estatais, e subliñando a crecente participación das nenas no deporte. Segundo Formoso, “cada vez hai máis nenas que optan polo fútbol sala, e os clubs locais están máis volcados na creación e consolidación das categorías femininas desde a base”. O alcalde agradeceu o labor da Federación Galega de Fútbol e do Lago Sport por facer posible que As Pontes poida gozar do mellor fútbol sala nacional e internacional.

Dende o Lago Sport, Cristina Maceira daba conta da importancia de celebrar este tipo de convocatorias para achegar a esas nenas que son o futuro do fútbol sala nacional poidan ver aos seus referentes, dende as bancadas. A presidenta do Lago Sport desexou que o mércores se converta nun día de festa para As Pontes, Galicia e para España.

Pola súa parte, Pablo Prieto puxo en valor o esforzo que supuxo traer a Galicia estes dous partidos da selección nacional, ante a súa relevancia e a gran cantidade de federacións territoriais que tamén querían acoller estas citas. Neste senso, recalcou o gran traballo e colaboración dos concellos de As Pontes e Vilalba e do Lago Sport, sobre todo polo gran proxecto deportivo que lidera e a súa incansable labor en prol da promoción do fútbol base e do fútbol feminino, en especial.

O presidente da Federación Galega de Fútbol destacou a potencia nacional que é Galicia no fútbol sala feminino con catro equipos en Primeira División, sete en Segunda e máis de 3.000 licenzas federativas, que dan boa conta de que este deporte ten moito futuro por diante.

O encontro
O partido entre España e Portugal será o segundo do equipo dirixido por Claudia Pons en terras galegas. O polideportivo municipal acollerá o choque o mércores 8 de outubro, ás 19:30 horas. As entradas esgotáronse en poucos días, pero o encontro poderá seguirse en directo a través de Teledeporte.

Lea también

Más de 300 deportistas se dan cita este fin de semana en el ‘Campeonato de Bodyboard Cidade de Ferrol’

Las pruebas de las diferentes categorías se desenvolverán desde el viernes 28 hasta el domingo …