Unha treintena de mulleres participa nas Pontes no obradoiro de memoria impulsado polo concello

A concelleira de Benestar Social de As Pontes, Tania Pardo, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM) participaron esta semana na apertura dunha nova edición do obradoiro de memoria, unha iniciativa consolidada que o Concello das Pontes promove desde o ano 2011 en colaboración coa Asociación de Viúvas das Pontes.

Durante os vindeiros nove meses, unha trintena de mulleres con idades comprendidas entre os 45 e os 85 anos, participarán nesta actividade que ten como obxectivo principal exercitar a mente e reforzar habilidades cognitivas como a atención, a concentración e a aprendizaxe.

Este programa, que se desenvolve ao abeiro das políticas municipais de envellecemento activo, busca tamén fomentar a participación social das mulleres, a creación de redes de apoio mutuo e a mellora da calidade de vida das participantes, especialmente nun contexto de cambios demográficos marcados polo aumento da esperanza de vida.

“Este obradoiro é moito máis que unha actividade semanal; é un espazo de encontro, apoio e crecemento persoal para moitas mulleres do noso concello. Apostamos por programas que poñan no centro o benestar emocional e mental das persoas maiores, e que lles permitan seguir activas, conectadas e valoradas dentro da nosa comunidade”, destacou a concelleira Tania Pardo.

Lea también

Un robo en la caseta de socorrismo de Vilarrube, Valdoviño, deja sin servicio la jornada en la playa

El Ayuntamiento de Valdoviño informaba en la mañana de este sábado, día 11 de julio, …