A IX Feira da Faba de Moeche celebrarase o 25 de outubro

O sábado 25 de outubro Moeche volva renderlle tributo ás fabas, unha feira coa quere poñer en valor este produto, manter viva unha tradicion deste concello e promover a recuperación dun cultivo tan importante no pasado. 

O programa feiral, que está practicamente pechado, igual ca na pasada edición, concentrarase entre as 10.00 e as 15.00 horas para coincidir co desenvolvemento do mercado dos sábados. Por iso, por cadrar co mercado, na nave de San Ramón atoparanse todo tipo de produtos frescos e elaborados -queixos, pan, verdura, doces, froita, peixe e marisco fresco…- e, como non, fabas da máxima calidade traídas por pequenas explotacións da zona e doutras partes de Galicia.

Todas as persoas interesadas en participar co seu posto neste mercado especial da faba poden consultar as bases neste enlace, así como o modelo de solicitude, que poderá presentarse, xunto coa documentación requirida nas bases, até o 10 de outubro na sede eléctrónica do concello ou de xeito presencial.

A xornada estará amenizada pola actuación da charanga Vai Rañala Meu, concurso de debagado de fabas, o sorteo de lotes de produtos e a degustación a prezos populares, das saborosas e abundantes racións de fabada preparada pola AVV de Labacengos.

A IX Feira das Fabas de Moeche contará co seguinte programa:

10.00 horas Apertura dos postos de exposición e venda de faba, ademais dos habituais de todos os sábados con produtos locais e artesanía.
12.00 horas Concurso de debagado de fabas para persoas adultas e rapazada.
12.15 horas Obradoiro infantil da man de MOUPI Regalos.
12.30 horas Inicio da degustación de fabada (prezos populares) elaborada pola AVV de Labacengos.
13.00 horas Actuación da charanga Vai rañala meu ! (Rede Cultural da Deputación da Coruña).
14.00 horas Sorteo de lotes de produtos da feira. Os boletos entréganse de balde por cada compra efectuada na xornada.
15.00 horas Clausura da feira.

Nesta novena edición da feira das fabas de Moeche, o Concello conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña e da AVV de Labacengos.

Lea también

O Auditorio acolle o “XXI Certame de Habaneras de Narón”

O Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia, acolle o sábado 4 unha nova …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *