Ferrol en Común lamenta que se deixe de dar soporte ás persoas en risco de exclusión social e solicita pechar ó tráfico a Praza de Armas

Ferrol en Común «lamenta que o concello deixe de dar soporte ás persoas en risco de exclusión social». FeC xpresa que «na comisión de facenda deuse conta da contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de Garantía Xuvenil». «O que a priori suporía unha nova positiva para o concello de Ferrol, tiña unha “cara B”: erradicar a contratación coa subvención da Xunta de Galicia de ata vinte persoas en situación de exclusión social por un período de nove meses, é dicir, os coñecidos contratos para persoas perceptoras da RISGA».

«As explicacións do goberno local non convencen e son complacientes co goberno autonómico do PP: pasaremos de ata 20 persoas contratadas, ofrecéndolles unha oportunidade laboral e un camiño formativo que lles abra novas oportunidades, a unicamente seis, menores de 30 anos, que se foran perceptoras da Risga veríanse igualmente beneficiadas desta subvención».

«É unha obviedade sinalar que as persoas mozas teñen dificultades de contratación, pero ate os 30 anos teñen moitas outras vías de acceder ao mercado laboral, están en plena formación e dispoñen doutras ferramentas para traballar (como os propios Plans integrados de emprego que desenvolve o concello). Non ocorre o mesmo coas persoas en risco de exclusión social, que esta era a única oportunidade que tiñan de inclusión social, un sistema satisfactorio para o concello e para as persoas que acceden».

«Cabe recalcar a maiores que moitos servizos van quedar sen cubrir no concello polo cambio de modelo, xa que, por poñer un exemplo no ano 2024 contratáronse 4 peóns, 1 limpador, 10 auxiliares administrativos, 4 ordenanzas, 1 oficial de obras, e agora unicamente seis persoas van a incrementar o cadro de persoal»

Para Ferrol en Común «as explicacións dadas en comisión son insuficientes, alegando as baixas laborais que os perceptores da Risga sufrían no período de contratación, algo que naturalmente é intrínseco as persoas que teñen dificultades para a súa vida cotiá e que se recorren a este tipo de ingreso é por necesidade».

Asimesmo Ferrol en Común insta ao goberno local «a pechar ao tráfico a Praza de Armas e dar explicacións sobre a adquisición dun “multacar”.

Ferrol en Común afirma que «no ano 2020 o goberno adquiriu un “multacar” co obxectivo de sancionar os incumprimentos en materia de seguridade viaria. O peche perimetral da Praza de Armas, con instalación de sistemas de videovixiancia, o radar da AP-9 e a adecuación dos límites de velocidade, supuxo nos últimos anos un incremento da seguridade para os peóns e a contribución a unha cidade co tráfico máis calmado e máis sostible.»

«Quedaban moitos pasos que dar e ir gañando terreo ao vehículo privado: aparcadoiros disuasorios, mellora do transporte público ou máis peonalización no barrio da Magdalena. Estas pequenas batallas, con moito ruído social, foron gañándose cun exercicio de pedagoxía e finalmente celebradas pola cidadanía: restrición de vehículos na rúa Magdalena e María, peonalización de Armas, ou vías de plataforma única en Ferrol Vello, foron pasos iniciados no mandato de Ferrol en Común que hoxe nos veñen a dar a razón nas políticas de modernización e adaptación da nosa cidade ao sistema europeo de protección do peón fronte ao vehículo.»

«Xa na campaña electoral, o PP prometeu unha redución drástica das multas de tráfico, obviando que estas proveñen de infracións que poñen en perigo as persoas. A súa primeira medida foi apagar os radares de Armas, o que xerou un inmediato efecto de coches circulando mesmo pola Rúa Real».

A día de hoxe, Ferrol en Común «entende que esa reapertura da Praza de Armas demostrouse inservible, que incrementa a contaminación medioambiental, pon en perigo o tránsito de viandantes e multiplica exponencialmente o aparcamento irregular, polo que insta ao goberno local a recapacitar e restaurar a situación anterior».

Así mesmo, «recrimina a falta de información constante nas comisións das materias relacionadas con seguridade e tráfico:»

FeC «leva meses denunciando e solicitando información sobre a privatización encuberta do servizo de guindastre, que non se facilita».

«Das actividades da Semana da Mobilidade, raquíticas, enterámonos por medio dun whatsapp o día antes do seu comezo.»

«O concello vén de asinar un contrato para un “multacar” por cerca de 18.000 euros do que non se deu conta en ningunha comisión, e tampouco existen novas sobre a formación e adquisición dos novos sonómetros, instrumentos adicados exclusivamente a multar, adquiridos por parte do goberno “quitamultas” aos infratores do concello de Ferrol» conclúen

Lea también

Dos empresas presentan ofertas en Ferrol para rehabilitar seis viviendas en Recimil

En la jornada de ayer finalizó el plazo de presentación de ofertas para el proyecto …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *