Adxudicado o servizo de mantemento de aparellos elavadores e portas automáticas do Concello de Ferrol

O concello de Ferrol conta con máis de máis de 50 ascensores e montacargas, 22 portas automáticas e 26 portalóns.

Porta automática entrada Concello de Ferrol

A Xunta de Goberno local aprobou a proposta de adxudicación do Servizo de mantemento de aparellos elevadores e portas automáticas e motorizadas Lote 1 á empresa TK Elevadores España, S.L.U, polo prezo anual de 48.684,11 euros/ano. “Estes aparellos deben contar, para o seu correcto funcionamento, cun contrato de mantemento en vigor, e tamén deben ser sometidos a inspección periódicas”, manifestou o alcalde, José Manuel Rey Varela.

A empresa adxudicataria realizará o servizo de asistencia permanente -durante os 365 días do ano e en xornada de 0:00 a 24:00 horas- de todas as avarías que se produzan en calquera aparato elevador, porta ou verxa automática ou portalón motorizado incluídos no presente contrato.

A presenza do servizo técnico da empresa, no caso dunha avaría, deberá facerse efectiva nun tempo máximo de dúas horas a partir do momento da comunicación, e a reparación da avaría será como máximo dun día laborable, contado a partir da recepción do aviso, salvo causas xustificadas. No caso de rescate, a atención debe ser inmediata, non deben tardar máis de 30 minutos en chegar á instalación.

O novo servizo conta, tamén, con mantemento de portas automáticas e monitorizadas, que nunca se incluiran dentro dun contrato de mantemento, polo que o único que se lles facía era reparacións puntuais, e presentaban a diario problemas de funcionamento.

En total, o Concello de Ferrol conta con máis de 50 ascensores e montacargas, 22 portas automáticas e 26 portalóns eléctricos. O prazo de execución do contrato será de dous anos.

Lea también

Siete empresas presentan ofertas para realizar el aglomerado del tramo de la avenida de la Residencia

El tramo de 738 metros de la avenida de la Residencia que conecta la rotonda …