No encontro estableceuse o peche de Ares e fixouse un tope de 8 quilos de ameixa babosa por tripulante así como controis exhaustivos de talla, topes como de especie tanto no punto de control como por parte de Gardacostas de Galicia.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo un encontro con representantes do sector para analizar os resultados das mostraxes realizadas polos técnicos do Centro de Investigación Mariñas (CIMA), dependente da Consellería do Mar, nos bancos de libre marisqueo de Ares-Betanzos. Na xuntanza, enmarcada no modelo de cogobernanza coa que a Xunta aborda a xestión pesqueira en Galicia, participaron representantes das confrarías de Ferrol, Barallobre, Miño, Pontedeume e Coruña, así como membros de Gardacostas e o técnico do CIMA responsable dos traballos de mostraxe.
O obxectivo xa xuntanza foi valorar xunto co sector a situación que presentan na actualidade os bancos de libre marisqueo de cara a decidir o regreso da actividade extractiva. Así, acordouse a apertura da campaña do 1 de decembro ao 5 de xaneiro, con excepción de Ares que manterase pechado, cun tope de 8 quilos para a ameixa babosa dado que é a única especie con stock comercial.
En todo caso, a directora xeral destacou o bo recrutamento de ameixa rubia e sinalou que a principio do próximo ano celebrarase unha nova reunión de seguimento para avaliar os datos recadados durante a campaña.
Tamén acordouse o establecemento de controis exhaustivos de talla, topes como de especie tanto no punto de control como por parte de Gardacostas de Galicia coa finalidade de velar polo explotación sustentable dos recursos marisqueiros.