Teatro musical coas aventuras de Jazzy e Blusy na Alianza Aresana

O público infantil e familiar poderá desfrutar o luns, 29 de decembro, do teatro musical nestas datas de Nadal.

A partir das 18:00 horas na Alianza Aresana, o equipo de Gallaecia Eventos afondará nas orixes do jazz e do blues co gato Jazzy e o can Blusy, adaptando a letra das cancións do concerto para construír unha historia. Tamén interactuarán cos rapaces e rapazas e, ao final do espectáculo teatral, formarán unha gran orquestra de jazz.

Actividade inscrita na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

Lea también

Iria Pinheiro trae ao auditorio de Valdoviño «Vitória, retrato dunha denuncia»

O espectáculo inclúese no ciclo municipal de teatro «Ven o Venres». O auditorio da casa …