As Pontes licita as obras de mellora do pavimento no camiño de Cabeza de Fornos e Casas Ermas

O Concello das Pontes aprobou o expediente de licitación do proxecto de mellora do pavimento no camiño que une Cabeza de Fornos e Casas Ermas, na parroquia de Aparral.

O investimento desta actuación ascende a 60.164,08 euros e está financiado pola Deputación da Coruña, demostrando o compromiso conxunto para a mellora das infraestruturas rurais no Concello das Pontes e forma parte dos plans municipais para o presente ano, co obxectivo de garantir unha mellor calidade e seguridade na circulación nun vial clave para o tránsito agrícola e veciñal da zona rural.

As obras previstas contemplan a limpeza e despexamento xeral das cunetas, o reafirmado dos bordos e o rebacheo xeral da superficie. Ademais, levarase a cabo a aplicación dunha nova capa de aglomerado en quente para regularizar o firme, sen modificar o ancho da plataforma nin realizar novos afirmados.

En concreto, os traballos incluirán a limpeza de tajeas existentes e a sinalización horizontal coa marcaxe dos bordos e a instalación de sinais, garantindo así unha mellor seguridade viaria para as persoas usuarias.

Con esta intervención, o Concello busca manter en bo estado os accesos rurais, facilitando a mobilidade dos veciños e contribuíndo ao desenvolvemento do medio rural.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *