Os Reis Magos inician este venres en Moeche o seu percorrido pola comarca

O Concello de Moeche organiza este venres día 2, a partir das 17:00 horas, a tradicional Festa de Reis, cun completo programa de actividades dirixidas á rapazada e ás familias.

Archivo. Fuente concello de Moeche-Enero 2025

A Nave do Mercado preparase para  acoller a festa de recepción dos Reis Magos de Oriente este venres 2 de xaneiro . Comezan así o seu percorrido pola comarca.

Desde as 17:00 horas haberá inchables para maiores e pequenos, así como a actuación de Peque Disco Moc Moc, unha actividade incluída no programa DinamizarTJ, que traerá unha animada discomóbil infantil e familiar con música, baile, humor e animación tipo clown, pensada para a participación de todos os públicos.

Ao mesmo tempo, desde o inicio da festa e ata a chegada dos Reis Magos, a ANPA do CEIP San Ramón organizará un obradoiro de elaboración de postais, no que os nenos e nenas poderán dar renda solta á súa creatividade mentres agardan polo momento máis especial da tarde. Arredor das 18:15 horas ofrecerase chocolate con churros para a rapazada, un clásico destas datas que permitirá repoñer forzas e continuar coa diversión.

Finalmente, aí das 19:00 horas, terá lugar a esperada chegada de SS.MM. os Reis Magos de Oriente, que visitarán o municipio para compartir ilusión, maxia e alegría cos nenos e nenas.

Lea también

Ares renova as instalacións do campo de fútbol de Prados Vellos

A corporación municipal de Ares aproba por unanimidade neste último pleno ordinario celebrado, o proxecto …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *