Ferrol respalda a creación de contido en galego en RRSS a través do programa Youtubeiras+

O Concello súmase un ano máis a esta iniciativa que repartirá un total de  7.500 euros en premios.

O Concello de Ferrol súmase un ano máis ao programa de dinamización lingüística Youtubeiras+, organizado polos servizos de normalización lingüística de 10 concellos, entre eles o do Concello de Ferrol, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña.

Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a creación de contidos dixitais en galego con temáticas e formatos diversos, ademais de promover e visibilizar os diferentes perfís de creadores de contidos na rede.

No que é a novena edición destes premios poderán participar persoas maiores de 16 anos que teñan canles autoproducidas nas redes sociais en activo e accesibles durante o certame. Aqueles menores de idade que desexen participar, deberán aportar a autorización dunha persoa titora legal mediante o documento que se facilita na web de Youtubeiras+.

As inscricións faranse en dita web e o formulario estará activo ata as 23:59 horas do 16 de novembro de 2025. En canto aos premios, repartiranse 7.500 euros entre as diferentes categorías existentes.

Lea también

Profesionales del ASF celebran el Día del Prematuro con una exposición de la evolución de una de las prematuras del CHUF

En el Área Sanitaria de Ferrol, se atienden una media anual de 35 niños prematuros. …