Se inician nas Pontes as obras de mellora na marxe dereita da rúa Rego do Muíño

O Concello das Pontes inicia este martes 23 as obras de mellora da beirarrúa e servizos na marxe dereita da Rúa Rego do Muíño, un proxecto cun orzamento de 179.465,80 €, financiado pola Deputación da Coruña.

Fuente Concello de As Pontes

Estas actuacións teñen como obxectivo a renovación dos servizos urbanos de saneamento e alumeado, así como a mellora do pavimento da beirarrúa. Os traballos inclúen a demolición do pavimento actual de baldosas hidráulicas e a colocación dun novo con características similares ás empregadas noutras intervencións recentes na contorna.

Ademais, o proxecto contempla a supresión de barreiras arquitectónicas e desniveis para garantir a accesibilidade universal, facilitando así o desprazamento de persoas con mobilidade reducida.

En materia de servizos, procederase á renovación completa da rede de saneamento, creando un sistema separativo de pluviais e residuais. Tamén se mellorará a rede de alumeado público, substituíndo o tendido existente por outro máis eficiente e acorde coas actuais esixencias de aforro enerxético. As obras completaranse coa instalación de novo mobiliario urbano.

Estas actuacións non afectarán á circulación de vehículos, que se manterá con normalidade durante toda a duración dos traballos.  En canto ao aparcamento, só estará permitido nas zonas expresamente delimitadas durante o período que duren as obras.

Lea también

El taller de primeros auxilios en la infancia celebrado en Neda goza de excelente acogida

Excelente acogida brindada por el vecindario al taller de primeros auxilios en la infancia, promovido …