Algo máis dun milleiro de persoas participarán este sábado nas 21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciou este lúns que un total de 1.034 persoas participarán este sábado na cuarta edición das 21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón. O paseo de Xuvia será un ano máis o punto de partida e a meta desta gran proba de ultrafondo do noroeste que ofrece un prazo de entre 12 e 24 horas para realizar un percorrido que levará aos participantes polos concellos de Narón, Ferrol, Valdoviño e San Sadurniño.

Archivo

Ao acto de presentación acudiron tamén Óscar Somorrostro, presidente do Club Deportivo Narón 101, que organiza o evento co Concello; Ibán Santalla e José Oreona, concelleiros de Deportes e Seguridade Cidadá de Narón, respectivamente; Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta en Ferrol; Carlos Sicre, capitán de fragata do Arsenal de Ferrol, os edís de Deportes de Ferrol e Valdoviño, Ricardo Aldrey e Sergio Saavedra, respectivamente, e Sabela Muñoz e Marta Peláez, de Desenvolvemento Naturgy Renovables Galicia e xestora social de Naturgy en Galicia, respectivamente. Navantia, e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao colaboran tamén neste evento, formando parte da ruta dos 101 quilómetros.

Os primeiros en saír serán os ciclistas, tanto na modalidade de MTB como de e-bike, ás 8:30 horas, para rematar o percorrido nun tempo máximo de 12 horas. A continuación, ás 9:00 horas, será a saída dos marchadores, nas diferentes categorías, que terán 24 horas para completar as 21 Leguas.

Os participantes proceden de numerosos concellos galegos pero tamén doutras comunidades como Castela León, Asturias, Madrid, País Vasco… e mesmo de Portugal e Suíza. As nenas e nenos terán tamén un gran protagonismo nesta proba, nas 21 Leguas Kids, que o sábado ten as cen prazas habilitadas completas para unhas carreiras que, por idades, se desenvolverán entre as 10:00 e as 12:00 horas, aproximadamente. Haberá tamén un chocolate con churros para os menores eo remate desta proba infantil e hinchables para que poidan desfrutar deste evento.

A alcaldesa explicou que unha das novidades deste ano é que na xornada previa ao evento, o venres 26 pola tarde, no paseo de Xuvia actuarán Los Alcántara, a partir das 20:00 horas, amenizando a entrega dos últimos dorsais da proba. A rexedora local destacou o feito de que este ano un 11% das participantes sexan mulleres, e tamén que por vez primeira haberá máis marchadores que ciclistas, uns datos moi significativos tendo en conta as características deste tipo de probas”.

Así mesmo, Ferreriro, recordou que se trata dunha proba que xurdiu hai catro anos nunha conversa informal e destacou a implicación de todas as persoas que o fan posible, “que durante todo un ano están aí e que están moitísimas horas traballando para facer que eventos como este sexan posibles”. “Pretendemos que sexa unha proba deportiva, turística, un escaparate que che permite pasar por sitios como a Armada”, apuntou, recalcando que “é unha proba que se está asentando e que así o constatan os datos”.

O presidente do Club Narón 101 asegurou que esta carreira está xa consolidada, cun 20% máis de participación que o ano pasado. Agradeceu a implicación de administracións e empresas. “Esta carreira é a suma de moitos esforzos, e impensable para un club perqueno e modesto coma o noso facela en solitario, sendo moito máis sinxelo da man do Concello de Narón e do resto de concellos, da Xunta, Armada, Navantia, Arsenal, empresas patrocionadoras… que fan posible que esta locura, con esta loxística, suceda un sábado de setembro en Narón”.

Pola súa banda, a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, indicou que esta proba “é un evento de referente no noroeste e forma parte do calendario deportivo da nosa comarca”. Agradeceu o traballo da organización e a oportunidade que ofrece para coñecer o patrimonio natural e tamén militar. “É unha proba consolidada” e confirmou o respaldo da Xunta de Galicia ás 21 Leguas de Narón “porque apoiamos o deporte, porque o deporte é saúde, son valores e é un xeito de dinamizar social e económicamente esta comarca”. O concelleiro de Deportes de Ferrol incidiu en que “dende o Concello de Ferrol sempre estamos dispostos a apoiar todos os eventos deportivos, como este caso das 21 Leguas, para botar unha man, intentando que o espazo por onde pasa estea nas mellores condicións”. Dende Valdoviño, o edil Sergio Saavedra destacou as oportunidades que ofrece este percorrido pola comarca. En representación do Arsenal Militar, Carlos Sicre, agradeceu o feito de que se permita á Armada “colaborar e apoiar con toda a carreira e o tránsito polas nosas instalacións”, desexando aos participantes que desfruten do percorrido.

Dende Naturgy Renovables, Sabela Muñoz, recoñeceu que era un honor para a empresa “ser parte desta proba, que discurre por un territorio excelente e agradeceu o feito de que a organización consensuase con eles o percorrido, ao atoparse en obras a zona do parque eólico Novo”. A maiores, dende a empresa, Marta Peláez apuntou que “esta proba para nós é moi interesante colaborar e participar, porque coincide cos nosos valores de compromiso co territorio”.

En todo o percorrido haberá un total de 12 puntos de avituallamento. Máis de 200 persoas, entre persoal sanitario, forzas de seguridade e voluntariado, estarán colaborando para o correcto desenvolvemento desta proba, que implicará algunhas restricións no tráfico rodado a medida que se vaia celebrando e que estarán debidamente sinalizadas. A todas e todos eles se agradeceu de antemán o seu gran labor.

Lea también

En octubre empezarán las obras de ‘Abrir Ferrol ao mar’ en la zona del Arsenal, Ferrol Vello y A Magdalena

El inicio de las obras de la fase I del proyecto ‘Abrir Ferrol ao mar’ …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *