O Navitrén enche de Nadal as rúas de Narón ata o 4 de xaneiro

Desde este luns, o tren de Nadal de Narón volve percorrer as rúas da cidade como unha alternativa gratuíta de mobilidade durante o Nadal, conectando as principais zonas comerciais e facilitando os desprazamentos para realizar compras no comercio local.
 
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, asistiu á primeira viaxe deste tren decorado con motivos navideños, que funcionará de maneira continuada ata o 30 de decembro, e retomará o servizo os días 2, 3 e 4 de xaneiro, coincidindo cun dos períodos de maior movemento comercial do ano.
 
O horario está pensado para adaptarse ás rutinas de compras da veciñanza, con saídas aproximadas ás 12.00 e 13.00 horas pola mañá, e ás 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas pola tarde. Durante as mañás, o tren partirá da parada do Concello en dirección a Xuvia, mentres que polas tardes realizará o percorrido desde a parada do Concello ata a praza da Gándara, conectando así algúns dos principais eixos comerciais da cidade. As viaxes no Navitrén son totalmente gratuítas, sendo necesario dispoñer de tícket, que se pode conseguir realizando compras nos establecementos adheridos á Asociación de Comercio de Narón.
 
Desde o Concello destacan que o Navitrén se consolida un ano máis como unha proposta pensada para as familias e para reforzar a actividade económica do municipio durante o Nadal, convertendo Narón nun espazo máis atractivo para mercar e pasear nestas datas.

Lea también

A Sociedade Cultural Areosa celebra en Narón o seu tradicional Festival de Panxoliñas solidario

A Sociedade Cultural Areosa celebra o domingo 21 o seu tradicional Festival de Panxoliñas solidario a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *