Narón entrega os premios aos mellores escaparates e as catro cestas da campaña Merca Nadal

O Concello de Narón celebrou a maña deste lúns o acto de entrega dos premios aos mellores escaparates así como das catro cestas da campaña Merca Nadal, unha iniciativa municipal destinada a apoiar e dinamizar o comercio local durante estas datas

Na entrega participaron a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, que resaltaron o papel esencial dos comerciantes na economía local. Ferreiro subliñou que “o comercio de Narón é o corazón da nosa cidade: cada compra non só apoia a economía local, senón que mantén viva a identidade e o dinamismo das nosas rúas. Campañas como Merca Nadal axudan a reforzar ese vínculo entre a veciñanza e os establecementos da cidade”.

Pola súa banda, Olga Ameneiro destacou que “queremos un Nadal participativo e creativo, no que cada comercio poida amosar a súa personalidade e ao mesmo tempo ofrecer aos clientes un motivo máis para elixir Narón. Estes premios son unha forma de agradecer a implicación tanto dos negocios como da cidadanía”.

No Certame de Decoración exterior, o comercio premiado con 200 euros foi a tenda de moda e complementos Niza, mentres que Confecciones Tucho recibiu o galardón de 100 euros. No sector da hostalería, o premio de 200 euros foi para o restaurante Nueva Orleáns, que destacou pola súa ornamentación exterior.

En canto aos sorteos das catro cestas de Nadal, recaeron en clientes que realizaron compras en distintos establecementos locais: Pastelería Santy, Froitas Améndoa, Franja Moda e Xoguetería Din y Don.

A concelleira de Promoción Económica lembrou que este luns 22 de decembro é o último día para depositar os vales nas urnas e participar no sorteo dos tres vales de compra, por valor de 1.000, 600 e 400 euros respectivamente, que terá lugar o próximo luns 29 de decembro en dependencias municipais. Con esta iniciativa, o Concello de Narón reforza o seu compromiso coa dinamización económica local, coa creatividade e coa implicación cidadá durante un dos períodos de maior actividade comercial do ano.

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …