500 veciños e veciñas participaron na II xornada de convivencia da persoas maiores en As Pontes

A vila pontesa celebrou este sábado a II Xornada de Convivencia das Persoas, unha cita que congregou a máis de 500 persoas arredor dunha comida de confraternidade que se consolida xa como un dos encontros sociais máis multitudinarios do ano.

Durante a comida, desenvolveuse o acto institucional de homenaxe ás persoas máis lonxevas do municipio no que o alcalde Valentín G. Formoso subliñou a relevancia desta xuntanza, destacando que “estes encontros reforzan os vínculos comunitarios e representan unha oportunidade para render homenaxe ás persoas que, coa súa vida e co seu exemplo, construíron o noso presente. É unha honra comprobar a enorme resposta da veciñanza, cunha participación que supera o medio milleiro de asistentes”.

Neste acto recoñeceuse a traxectoria vital de varias centenarias: Hortensia Freire Bouza (101 anos), Modesta López Carballeira (100 anos), María Penabad Piñón (102 anos), María Josefa Pico Fontao (100 anos) e Celina Prados Pérez (100 anos), que aínda que algunhas delas non puideron asistir, o Concello trasladoulles publicamente “o respecto e a admiración de toda a comunidade por formar parte da nosa historia colectiva durante máis dun século”.

Tamén se fixo entrega dun detalle institucional ao veciño máis lonxevo presente na cita, Guillermo Tojeiro Bermúdez (102 anos), e ás veciñas máis veteranas asistentes, Carmen Campello González e Elvira Rivera Martínez, ambas de 94 anos.

O acto culminou cunha fotografía conxunta que simbolizou o agradecemento da vila ás súas xeracións máis veteranas. Despois tivo lugar o sorteo popular, que contou cun amplo apoio do tecido comercial e asociativo da vila. A xornada completouse cunha tarde musical que contou coas actuacións de Marietta e do Dúo Boreal que puxeron ritmo e animación a unha celebración marcada pola convivencia, o recoñecemento e o orgullo de pertenza.

Lea también

As Pontes abre o prazo das solicitudes da axuda ás familias para a escolarización

O Concello das Pontes abre o prazo para a tramitación das solicitude da axuda ás …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *