Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación da Coruña 2025

Santa Comba acolleu o venres 19 a presentación do evento, que levará o balomnán ás rúas dos sete concellos coruñeses

O Campo da Feira de Santa Comba acolleu a presentación oficial da Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación da Coruña 2025, nun acto que contou coa presenza do deputado de Deportes, Antonio Leira, a deputada Mar García Vidal, a teniente de alcalde, Noelia Baleato Tojo, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, e representantes dos sete municipios polos que pasará o evento.

Esta iniciativa, promovida pola Deputación da Coruña desde o ano 2023, aposta por achegar o balonmán á rúa e ás familias, convertendo espazos públicos en pistas deportivas onde nenos e nenas poden iniciarse no deporte en contornas abertas, accesibles e lúdicas. Un formato pensado para impulsar o deporte base e fomentar hábitos saudables entre a mocidade.

Durante a presentación, o deputado Antonio Leira destacou que “a Copa 5×5 é un proxecto ilusionante, unha mostra do noso compromiso co deporte base e cunha provincia activa, que promove a práctica deportiva en todos os ámbitos”. Engadiu que “apostamos por achegar o balonmán a todas as comarcas, dándolle visibilidade e creando oportunidades para que os máis pequenos coñezan e se acheguen ao deporte nun ambiente festivo e familiar”.

A competición desenvolverase entre os meses de setembro e novembro en sete sedes da provincia:

·     Santa Comba (19–21 setembro)

·     Negreira (3–5 outubro)

·     Narón (17–19 outubro)

·     Santiago de Compostela (24–26 outubro)

·     Carnota (31 outubro–2 novembro)

·     Cedeira (7–9 novembro)

·     Noia (14–16 novembro)

Participarán equipos mixtos das categorías benxamín e alevín (2º a 6º de Primaria), cun enfoque educativo, inclusivo e participativo.

O éxito das anteriores edicións motivou a creación de novos clubs e escolas deportivas en diferentes puntos da provincia, como Sada, Negreira, Cerceda, Oroso, Ribeira ou Zas. A actividade consolidouse como un referente a nviel nacional pola súa capacidade de dinamización e promoción deportiva.

Lea también

El Racing de Ferrol cede el Emma Cuervo frente al Real Avilés en la tanda de penaltis

El Racing Club Ferrol disputó este jueves en el municipal Pepe Barrera de Ribadeo la …