San Sadurniño prepárase para vivilas festas de Biscordel en Iglesiafeita

“Día 20.- A las doce repique y bombas. Durante la tarde un afamado cuarteto recorrerá los principales barrios, situándose luego en el atrio. Día 21.- En las primeras horas dianas y alboradas por el cuarteto y una sección más numerosa de la notabilísima banda que dirige el prestigioso maestro señor Rebollar, de Ortigueira. A las once misa solemne con exposición de S. D. M., y sermón que pronunciará el Reverendo Padre Ángel Casas, Superior de las Angustias y Director de las Marías, que en ese día visitarán el sagrario de Iglesiafeita.  A continuación habrá lucidísima procesión por la carretera y atrio, dando escolta al Santísimo una sección de la Guardia Civil. A las seis comenzará el baile, que se prolonga hasta las doce. Día 22.- Programa del día anterior. En casa de los señores Soto y Hermida habrá facilidades para comer. De Ferrol son muchas las personas que se proponen concurrir y habrá servicio de automóviles. Serán funcionistas don Manuel Soto, don Manuel García, don José Yáñez y don Vicente Pérez.”

San Sadurniño procesión Biscordel 2024 Fuente César Galdo

Non, non se trata do programa das festas do Biscordel deste ano, aínda que cadraría polos días quitándolle o último, senón que é a publicación coa que o xornal El Correo Gallego anunciaba o evento dous días antes do seu inicio aló polo ano 1924, hai hoxe exactamente 101 anos.

Daquela o Biscordel -ou Viscordel, como se queira- era unha festa de grande sona, tal e como constata o feito de que houbese buses desde Ferrol para asistir a ela e que incluso os cregos da cidade departamental estivesen dispostos a subir o porto para oficiaren as misas principais, seguramente pola grande cantidade de fieis e esmolas que se xuntaban, especialmente na xornada do domingo que nese lonxano 1924 tamén caeu en día 21.

A festa naquel tempo desenvolvíase no adro da igrexa parroquial e mesmo invadía a estrada das Pontes, entre a tenda de Soto, a de Tarrío e o cuartel da Garda Civil. Un espazo que quedaba escaso e que se ampliaba trala función ás campeiras dos arredores con ducias, por non dicir centos, de merendadas.

A estampa repetiuse case coma un calco ata ben entrados os anos 80 e, malia seguir sendo unha boa festa, o Biscordel foi indo a menos -coma case todas as patroas e patróns do rural-, de par da progresiva perda de poboación da parroquia. Porén, a festa principal de Igrexafeita -a outra é o San Marcos de Amido-, con máis ou con menos xente, con máis ou con menos fastos, é das que nunca falla. E este ano tampouco.

O programa do Biscordel 2025 arranca o sábado 20 co grupo tradicional Berros do Castro percorrendo a parroquia durante toda a mañá antes da misa das 13:30 horas (seguida de procesión). A continuación terá lugar a sesión vermú animada pola orquestra Los Españoles. Xa pola noite, ás 22:30 horas, actuarán na verbena o Dúo Trasnos e novamente Los Españoles, que prolongarán a festa ata ben entrada a madrugada.

domingo 21 a programación prescinde das gaitas matutinas e retrasa a misa até as 13:45 horas, que volverá contar con procesión antes do ite, missa est.  Despois de recoller as imaxes botaranse as tracas finais da festa, tantas como dea o presuposto, e a partir dese momento arrancará unha sesión vermú longa coa orquestra Alianza que se estenderá durante toda a tarde.

Meteogalicia anuncia que durante o sábado e o domingo pode vir algunha chuvia feble por ese motivo o campo da festa da Torre estará cuberto cunha carpa.

 

Lea también

Última oportunidade en Neda para apuntarse ao taller intensivo de interpretación deste sábado

Últimos días para anotarse no taller intensivo de interpretación que terá lugar este sábado na …