Formoso despide ao fiscal xefe de Galicia, Fernando Suanzes, tras dez anos no cargo

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, despediu este venres ao fiscal xefe de Galicia, o ferrolán Fernando Suanzes, que deixa o cargo por xubilación tras unha década á fronte da Fiscalía Superior da comunidade.

Formoso agradeceu a traxectoria exemplar de Suanzes ao servizo da xustiza galega e quixo trasladarlle os seus mellores desexos para esta nova etapa persoal que agora comeza.

A súa carreira caracterizouse pola independencia, o rigor e o compromiso coa legalidade e coa sociedade galega. Foi un referente institucional durante anos, e quero expresar en nome propio e da Deputación da Coruña o noso recoñecemento polo seu labor”, afirmou Formoso.

A xubilación de Suanzes pon fin a unha etapa de dez anos como máximo responsable do Ministerio Fiscal en Galicia, durante a cal destacou pola defensa dos dereitos fundamentais, a loita contra a violencia machista e a súa colaboración coas institucións para o fortalecemento do Estado de Dereito.

Lea también

La CEG ve la inversión de Indra en As Pontes como una «excelente noticia» para la «reindustrialización» gallega

La Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ha considerado la inversión de Indra en As …