No Día Nacional do Sarcoma: ASARGA estará presente con mesas informativas na Coruña e Ferrol.

Con motivo do Día Nacional do Sarcoma, Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial (ASARGA) estará presente este venres 19 de setembro con mesas informativas nos Complexos Hospitalarios Universitarios de A Coruña (CHUAC) e no de Ferrol (CHUAF), para achegar información vital sobre o sarcoma a pacientes, familiares e ao persoal sanitario, participando nas II Xornadas de Portas Abertas sobre o Sarcoma, organizadas pola FMPJC
(Fundación Maripaz Jiménez Casado), que se celebrarán en 40 centros das 17 comunidades autónomas.

Campaña en redes

Coincidindo coas mesas informativas, este venres 19 de setembro lanzarase a campaña en redes sociais #VocesdoSarcoma, deseñada coa colaboración da Fundación Pharmamar. O obxectivo é que, entre as 13:00 e as 14:00 horas, a etiqueta se converta en «Trending Topic», invitando a cidadanía a publicar o seu propio #VocesdoSarcoma e a compartir a mensaxe que lles gustaría transmitir á sociedade neste día tan sinalado.

Ademais, nesa mesma franxa horaria, realizarase unha conexión en liña na que poderán participar Centros, asociacións e persoas a título individual que o consideren oportuno, coa intención de presentar un documento sobre a figura do xestor de casos en sarcoma.

O sarcoma

O sarcoma é un tipo de cancro que se orixina nos tecidos brandos e os ósos, e aínda que a súa incidencia é baixa, presenta unha alta complexidade e agresividade. A falta de coñecemento xeral sobre a enfermidade é un dos principais desafíos, o que a miúdo atrasa o diagnóstico e o tratamento adecuado. Neste contexto, o labor de divulgación é fundamental para que tanto a poboación como os profesionais sanitarios poidan identificar os síntomas de maneira precoz e mellorar os prognósticos dos pacientes.

Sobre ASARGA

Dende a súa fundación con vocación autonómica, ASARGA consolidouse como unha entidade de referencia a nivel estatal no acompañamento a persoas afectadas por sarcoma, un tipo de cancro que representa menos do 1% dos tumores e que pode afectar tanto a adultos como a nenos. A pesar da súa gravidade, o sarcoma segue a ser unha
enfermidade ampliamente descoñecida e con recursos limitados. Grazas á súa labor, ASARGA situou a provincia  de A Coruña no mapa estatal como un enclave na loita contra esta patoloxía.

Lea también

La Xunta convoca 100 millones de los fondos de transición justa para la reindustrialización de As Pontes y Meirama

La Xunta convoca nuevas líneas de ayuda por más de 100 millones de euros del …