O relato ‘O fío do tempo’, do pontés Xosé María López Fernández, gaña a 13ª edición do concurso #hoxeescriboen

O relato O fío do tempo, de Xosé María López Fernández (As Pontes), foi elixido polo xurado como gañador da 13ª edición do concurso #hoxeescriboen “Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña”. A obra, ambientada no Mosteiro de Monfero, conquistou ao tribunal do galardón pola súa intensidade literaria e pola capacidade de mergullar ao lector nun ambiente sobrecolledor que recrea o lugar como un espazo maldito, cunha linguaxe poderosa, descricións líricas e unha estrutura narrativa que se mantén firme ata o final.

O segundo premio correspondeu a Francisco Ascón Belver (Oleiros) por A tardiña de San Xoán, relato situado na Praia de Langosteira en Fisterra, que destaca pola súa forza visual e pola atmosfera de misterio que percorre toda a narración. O terceiro galardón foi para Raquel Martínez Rodríguez (Arteixo), autora de Onde está Velázquez?, ambientado nas Meninas do Canido en Ferrol, unha proposta fresca e dinámica que convida a mirar o patrimonio urbano como memoria colectiva e tamén como proxección de futuro.

O xurado, presidido por delegación polo vicepresidente Xosé Regueira, estivo integrado por Patricia Cernadas, Paula Cabado e Maite Loureiro, quen tamén exerceu como secretaria. En total avaliáronse 104 relatos presentados por 90 persoas, todos eles verificados previamente como obras orixinais e inéditas.

A entrega de premios celebrarase o 26 de setembro na Biblioteca Provincial da Coruña, nun acto presidido por Xosé Regueira. Ademais, para recoñecer a alta calidade do conxunto de traballos recibidos, a Deputación sorteou entre o resto de participantes trinta lotes de produtos gastronómicos da provincia, recibindo o premio os seguintes relatos:

As agullas das brétemas.

Onde morren as promesas.

A lenda da Marola.

O vello Antián do Castro.

Cos cinco sentidos.

43°46’15.2’’ N. / 7°52’10.8’’ O. Cartografía da memoria.

El paseo de San Antón.

O segredo.

Legado ancestral.

A voz da Moura.

As dúas torres.

O cesáreo.

Cambio de rumbo.

O bote MARUXA.

Tristura, poesía e lume.

O descenso do Anllóns.

Os caladiños.

Noite meiga en Monte Neme.

Museos que atesoran cicatrices.

El guante de Lady Hester.

Salvar unha ría.

Xela na Biblioteca.

A última de Conxo, do que é autora Alba Sánchez Ares.

Promesa, do que é autora Teresa Moreno Pena.

O can de Urko que fuxiu do seu acometido, do que é autor Jorge Veiga López.

Secundino, unha ánima moi animada, do que é autora Mónica Corzo Brañas.

A historia que a min me contaron, do que é autora Eva María Carro Vázquez.

Brumosa carga, do que é autor José Troca García.

Onde o Barcés rumorea, do que é autora Sylvia Martín Cabanas.

Bivalva de gramínea, do que é autora Beatriz Blanco Filgueira.

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …