Carmen Conde leva a Cedeira “O que non estaba escrito”

O ciclo “Cantos e Contos ao Solpor” do Concello de Cedeira trasládase este sábado 20 ao local da asociación veciñal de Régoa. Ás 20.00 horas e con entrada libre, a dramaturga Carmen Conde ofrecerá “O que non estaba escrito”, un título que alude ás historias recollidas por ela mesma, sen mediar papel algún, coas que construiu este espectáculo para o público adulto.

“O que non estaba escrito” está composto por todo canto apañou Carmen Conde da oralidade, ficcionado por ela mesma nunha mistura indistinguible entre realidade e imaxinación e devoltos á voz falada. Unha escolma na que ata a vida máis anónima roza o improbable e a maior normalidade choca co delirio. Unha sesión onde Carmen falará de curas que se namoran, faixas de millóns en casas de pobres, bebés nacidos de hortas, mulleres evanxelizadoras do pracer ou o primeiro explorador de buratos negros, entre outros…

Carmen Conde é filóloga, dramaturga e guionista, así como fundadora, xunto con Diego Gallego, da compañía Tarabela Creativa. En todos os seus traballos a narración oral ten un papel importante.

A axenda cultural de Cedeira nos vindeiros días abrangue tamén a presentación do libro “Insubmisión ambigua”, organizada pola asociación Mestas, que se vai celebrar este venres, ás 19.00h no bar Pinzón. Ánxela Lema París e Ana M. Amigo-Ventureira coordinan este volume, publicado por Xerais, que reúne textos de corte biográfico, político ou literario arredor da cuestión do xénero.

Continúa aberta, por outra parte, a exposición “Capturando a natureza”, do fotógrafo Álvaro Lamas no Museo Mares. A mostra “Lost in woodlands photography” reúne imaxes de paisaxes, moitas delas de Galicia e outras doutras zonas do norte peninsular.

Lea también

Valdoviño promueve talleres gratuitos de musicoterapia en Meirás, Sequeiro, Vilaboa y Pantín

Están dirigidos a personas de 60 años en adelante, y este año, la concejalía de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *