Se impulsa o proxecto de arte urbana participativa “Narón a toda cor”

O Concello de Narón presentou este xoves o proxecto “Narón a toda cor”, unha iniciativa de arte urbana participativa dirixida á mocidade que se desenvolverá durante o Nadal na Casa da Mocidade da Gándara. O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, foi o encargado de dar a coñecer a proposta, que culminará coa creación dun mural colectivo na fachada do edificio.

Tal e como explicou Santalla, trátase dun obradoiro de muralismo no que as persoas participantes “terán a oportunidade de implicarse directamente na transformación dun espazo público, creando un deseño con identidade xuvenil e fomentando valores como o traballo en equipo e a participación social”. O edil destacou tamén que a iniciativa “ofrece unha alternativa de lecer creativo durante as vacacións de Nadal, pensada para favorecer a convivencia, a socialización e a expresión artística da mocidade”.

O obradoiro para a creación do mural celebrarase o 25 de decembro, de 15:00 a 18:00 horas, e os días 26, 27 e 28 de decembro, en horario de 11:00 a 18:00 horas, na Casa da Mocidade da Gándara, situada na rúa Catro Camiños nº 38, en Narón.

A actividade é gratuíta e está aberta a persoas a partir de 8 anos. As menores de 12 anos deberán acudir acompañadas dunha persoa adulta. A inscrición pode realizarse a través do código QR incluído no cartel informativo.

Lea también

Exponav acoge la exposición conmemorativa del III Centenario de la creación de los departamentos marítimos

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, junto al Almirante Jefe del Arsenal Militar …