O Concello das Pontes abre o prazo para a tramitación das solicitude da axuda ás familias para a escolarización dos seus fillos da convocatoria extraordinaria de setembro. O prazo para formalizar as solicitudes será do 22 ao 30 de setembro de 2025.

Esta convocatoria vai dirixida ás familias empadroadas no Concello de As Pontes con fillos matriculados en Educación Infantil (1º e 2º ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato, ciclos formativos (FP) e estudios no Conservatorio Profesional de Música que por obrigación, tiveran que formalizar a matrícula no seu Centro, neste mes setembro.
Requisitos económicos: Todos os membros computables da unidade familiar non supere os 22.500 €, se ben no caso de familias numerosas incrementarase o umbral en 1000,00 euros a partires do terceiro fillo. (Para o cálculo e determinación da renda, procederase do seguinte xeito: nas Declaracións da renda de toda a unidade familiar do ano 2023; sumarase a base impoñible xeral máis a base impoñible de aforro).
Para mais información e para a recollida de impresos, poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso). Teléfonos información: 981441008, 667129335 ou 667129336.
As solicitudes deberán presentarse no rexistro municipal do Concello, con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389 ou 667129380, ou a través da sede electrónica.