A II Carreira Camiño da Vía Verde une deporte, lecer e natureza o domingo 28 de setembro

O evento contará con cinco modalidades para todos os públicos e idades, incluída unha andaina popO evento contará con cinco modalidades para todos os públicos e idades, incluída unha andaina popular de 6,2 km, con saídas desde Ordes e Tordoia.ular de 6,2 km, con saídas desde Ordes e Tordoia.

O antigo apeadoiro de Gorgullos en Tordoia acolleu este mércores 17 a presentación da segunda edición da Carreira Camiño da Vía Verde, que se celebrará o domingo 28 de setembro con diversas probas deportivas.

No acto participaron o deputado delegado da Vía Verde e responsable de Deportes, Antonio Leira; a secretaria xeral da Federación Galega de Atletismo, Yolanda González; o alcalde de Ordes, Juan Luís Martínez; o alcalde de Oroso, Álex Doval; a concelleira de Deportes de Tordoia, María García; e a concelleira de Cultura, Educación e Turismo de Cerceda, Cristina Capelán.

Durante a presentación, Leira salientou as excelencias da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle e destacou a importancia de manter este tipo de eventos que fomentan o seu uso como espazo de lecer. Pola súa parte, os representantes municipais puxeron en valor esta infraestrutura como un lugar idóneo para desenvolver actividades diversas, entre elas esta carreira, e animaron á cidadanía a participar.

As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata o 24 de setembro ás 23:59 horas na páxina web Carreiras Galegas (https://www.carreirasgalegas.com/events/ii-carreira-camios-da-va-verde-deputacin-da-corua/yz9zwJjq). A participación é gratuíta e existen diversas categorías en función da idade.

A carreira de 11,5 km partirá da antiga estación da Pontraga, no Concello de Ordes, ás 10:30 horas e terá como meta a estación de Queixas-Londoño, en Cerceda. A andaina, con saída ás 09:45 horas desde o apeadoiro de Gorgullos en Tordoia, tamén rematará na estación de Queixas-Londoño. Na andaina poderán participar todas as persoas nadas no ano 2017 e anteriores. As categorías escolares (2 km, 1 km e 400 m) celebraranse a partir das 12:00 horas na estación de Queixas-Londoño en Cerceda.

Tanto a carreira como a andaina disporán de servizo de traslado en autobús desde a meta, gardarroupa na zona de meta e duchas e vestiarios no polideportivo municipal Fernando González Laxe, en Cerceda, a partir das 11:00 horas.

Esta proba nace cun propósito que vai máis alá do deportivo: converterse nun escaparate privilexiado para poñer en valor a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle. Trátase dun espazo que une natureza, patrimonio e convivencia, que agora se consolida tamén como escenario idóneo para a práctica deportiva e o lecer saudable. Con esta iniciativa búscase dar a coñecer a riqueza da Vía Verde e impulsar o seu uso, convidando á cidadanía a descubrila dun xeito diferente e a facela súa como lugar de encontro, gozo e vida activa.

Lea también

Presentación de ofertas en Ferrol para la gestión integral de las instalaciones deportivas

Hasta el 15 de enero podrán presentarse ofertas para la gestión integral de las instalaciones …